lunes, 7 de mayo de 2012

O Servidor de Recursos Educativos

Con esta entrada presentamos o material que utilizaremos co módulo 8, o último do PFAC que estamos desenvolvendo no centro. Trataremos sobre o Servidor de Recursos Educativos (SRE) do centro, que é a infraestrutura que permite o funcionamento do proxecto Abalar.

Na presentación seguinte, centrarémonos na utilización do Servidor como almacén de recursos educativos e aprenderemos a visualizar e descargar recursos, crear unha carteira propia cos nosos recursos favoritos e subir ó servidor recursos que nos interesen, xa sexan elaborados ou non por nós.

NOTA IMPORTANTE: Aínda que, como se di na presentación, o acceso a todos os recursos do SRE do centro só se pode facer dende un ordenador do propio centro, é posible visualizar e/ou descargar os recursos comúns (non os que subimos nós) en calquera equipo dende a seguinte dirección do Espazo Abalar:

O Servidor de Recursos Educativos


Saúdos.

lunes, 16 de abril de 2012

Presentacións con Impress (2)

Nesta entrada, rematamos cos materiais que se utilizan no Módulo 7 do PFAC referida a realización de presentacións con Impress.

Os temas tratados na presentación que sigue son:Inserción e manipulación de imaxes. A galería. Autoformas. Inserción de sons. Creación de hiperligazóns.


Saúdos.

martes, 20 de marzo de 2012

AVISO: Cambio de data da última sesión do PFAC

A última sesión do PFAC Abalar que estamos realizando no I.E.S O Couto, prevista para o martes 29 de maio cambia a data para o XOVES 10 DE MAIO as 16:30 horas.

O motivo de dito cambio é a necesidade de dispoñer de certo tempo, unha vez rematado o PFAC, para preparar a memoria final e demais documentación que se debe presentar, rematando o prazo dispoñible para elo o día 1 de xuño.

Saúdos.

lunes, 19 de marzo de 2012

Presentacións con Impress (1)

Empezamos hoxe cos materiais do módulo 7 do PFAC, adicado a elaboración de presentacións co módulo Impress da suite ofimática LibreOffice.

Esta primeira parte está centrada no manexo básico das presentacións, a visualización, a creacións dunha nova presentación e a introdución e formateo de textos na mesma.



Un saúdo.